Historia do Samaí

        
Na noite do 31 de outono comezaba o aninovo celta.
 











Esa noite está relacionada moi directamente co mundo dos mortos.   Durante este período non se podía saír do pobo, pois  as ánimas dos finados volvían visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles tiñan preparados os parentes.                           
Os celtas, esas noites, amontoaban as caveiras dos seus mortos (e tamén dos seus inimigos) e pintábanas. Esta tradición tivo repercusións na nosa cultura, así por exemplo nas encrucilladas dos camiños facíanse amontoamentos de pedras (chamados milladoiros) e tíñase o costume de depositar unha pedra e pedir un desexo. Existe un milladoiro no camiño de Santiago, que é famoso (ademais de estar preto de Santiago de Compostela), porque posúe unha gran cruz de ferro. O feito de depositar unha pedra alí é signo de que  terás boa fortuna durante o que queda de viaxe.                                                                                                                                  
Os celtas para afastar dos seus castros perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí  vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos ou calabazotes. Ainda que dándolle nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc
O Samaín é o antecedente europeo do Halloween  americano.