NUESTROS COMPAÑEROS DE LA ESCUELA INFANTIL DE BARRIONOVO

CESIÓN IMPRESORA 3D PARA ELABORACIÓN MATERIAL SANITARIO

A impresora 3D é un dos recursos TIC que máis usamos na nosa escola desde a súa adquisición.


Tal e como require a situación actual que estamos a vivir, non tiña sentido que estivese parada esperando a chegada dos nenos e nenas, por iso todo o claustro estivemos de acordo en cedela para que mentres a escola estea pechada, se poida sacar o máximo partido dela.


Por iso estamos a colaborar co Laboratorio de fabricación dixital da ETSAC (Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña) na realización de viseiras 3D no proxecto colaborativo coronavirusmakers.org de protección para o persoal sanitario. Ademais unha das nosas mestras está facendo viseiras a man con todo o acetato para que o nosos sanitarios poidan levar a cabo o seu traballo protexidos durante esta crise sanitaria.

Algunhas das viseiras xa están sendo utilizadas, e desde aquí queremos enviar forzas e dar as grazas a todo o colectivo sanitario polo intenso traballo destes días.

GRAZAS!!